As dudas disiparonse,
Mayweather deixou vacante o Título Mundial Superwelter CMB para que o 8 de
decembro do 2007 novamente no MGM Grand, Las Vegas, Nevada, Estados
Unidos, Floyd Mayweather volveu á categoría Welter expoñendo o seu Título
Mundial Welter CMB frente ao inglés Ricky Hatton. Un agresivo Hatton lanzouse ao ataque dende o primeiro campanazo establecendo o manexo do tempo na pelexa, mentres que Mayweather axustaba a distancia para contragolpear a
Hatton. No asalto 3 Mayweather cun dereitazo provocalle un corte sobre o ollo dereito a Hatton. O inglés seguía presionando mentres que progresivamente o número de contragolpes de Mayweather estaba en ascenso.
Para o sexto asalto Hatton
atacaba con violencia mentres que Mayweather anulou un dos ataques sobre as cordas xirando a sua cara, dita acción fixo que Hatton golpeara ilegalmente na nuca ao campión, Joe Cortez (árbitro) lle descontou un punto a
Hatton por esta infracción, a medida que a pelexa avanzaba Hatton non podía
conectar a Mayweather e o número de contragolpes por parte do campión era considerable,
Mayweather tivo un excelente asalto 8 boxeando a Hatton e colocándolle varios
impactos, para a altura do noveno asalto notábase un claro desgaste en
Hatton.
Chegou o décimo asalto, é cando Mayweather evade un ataque do retador e pola sua parte lle coloca un preciso gancho zurdo á mandíbula e en consecuencia Hatton estrellabase cunha esquina para terminar no chan polo efecto do golpe,
Hatton vence a conta de Joe Cortez e inmediatamente Mayweather vai definir a pelexa, ataca a un conmovido Hatton colocándolle outro potente gancho de esquierda, ao mesmo tempo que Cortez detiña o combate e dende a esquina do inglés tiraban a toalla, Hatton volvía a caer, Floyd Mayweather jr gañaba por
KOT en 10 asaltos.